A Prensa
Resumen del Libro

Este libro tenta ser descritivo e sintético, concibido para unha leitora ou leitor non iniciado pero si preocupado por achegarse a entender unhas poucas chaves do que é un xornal. O primeiro que se ensina en comunicación é que as mensaxes non están elaboradas por máquinas, senón por persoas. E cando falan as persoas, estas teñen que comportarse como o que son, sen ese arume fatuo e soberbio de que se quere converter en voceiro da verdade absoluta. Ah! e non se confundan: isto non é un manual de xornalismo, senón unha viaxe sinxela para camiñantes intelixentes. É un libro con acenos críticos e miradas de esguello. Cando se poñan a utilizalo para algo, recoméndolles que o fagan cun xornal na man. Calquera xornal. Sacarán máis proveito aos conceptos que se verten.