Once Máis 15
Resumen del Libro
Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables. O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan. Se has de chorar de Alfonso Pexegueiro por zimmer103 Nos ollos teus de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso Ningún lugar seguro de Antón Lopo por Ataque Escampe Longa noite de pedra de Celso Emilio por Miguel A.Suárez Non de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares Autopoética in progress de Daniel Salgado por Fanny e Alexander Cantarche hei amiga de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei A dama que fala de Rompente por Roberto Sobrado e banda Cunetas de Luís Pimentel por Snail Ai! de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte A Rosalía de Castro de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross Outono de Manuel María por David Taboada Canción para cantar tódolos días de Manuel María por Elanor Cantan os galos pro día de Rosalía de Castro por Fucoxabier A xustiza pola man de Rosalía de Castro por Nao