Técnicas E Xogos Cooperativos Para Todas As Idades

0 Comentarios ».

Resumen del Libro



Malia posuíren unha finalidade educativa en si mesmos, os xogos non son neutrais. A través deles podemos aprender uns valores determinados, de aí a importancia de seleccionalos. Os presentados en Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades teñen unha característica especial: aínda que habitualmente nos xogos a competitividade é o elemento que mantén a tensión, neste caso enfatízanse as estratexias cooperativas para a súa execución, de tal xeito que non hai gañadores nin perdedores, todos participan por igual sen quedar ninguén excluído. Estes xogos e dinámicas cooperativas foron utilizados en distintas situacións e con idades diferentes para construír grupos vertebrados desde o mutuo coñecemento, a confianza, a comunicación, a ledicia e a cooperación. Esta obra de Xesús R. Jares resultará moi útil para o profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e da Universidade, así como para os responsables das actividades de educación non formal, tempo libre, asociacionismo, etc. Do mesmo xeito, este libro tamén pode ser utilizado en grupos de diferentes tipoloxías: asociacións de pais e nais, asociacións veciñais, empresas, etc.


Autores



Opciones de descarga:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.